Xa hai postal gañadora no concurso de Lourenzá

TerraChaXa | AMariñaXa
Xa hai postal gañadora dentro do concurso de Lourenzá que será entregado este mércores, día 23 de decembro
21 Dec 2020

O premio do concurso de postais convocado polo Concello de Lourenzá será entregado este mércores, día 23, e o domingo 27 haberá un concerto da Banda de Música de Foz na igrexa de San Adriano.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “foi elixida a postal que vai empregar como felicitación de Nadal, que é a gañadora do concurso convocado polo Concello de Lourenzá, cuxa autora é Sara Terrón, de 10 anos. O premio, que consiste en 100 euros e trofeo, será entregado este mércores, día 23, ás 17 horas, durante a visita de Papá Noel ao concello”.

0.15417814254761