Xa hai gañadores dos certames Manuel Leiras Pulpeiro e Díaz Jácome de Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo fixo públicos os nomes dos gañadores do XXIII Certame de Poesía Díaz Jácome para novos creadores e do XI Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
Así, a obra gañadora do Díaz Jácome foi A herba que crece sobre nós de Alba Doval Rodríguez e obterá un premio de 1.500 euros, placa e diploma.
O segundo premio, dotado con 600 euros, placa e diploma, recaeu na obra Cando brotan no campo rebelións, da que é autor Ciro Fernández Briones. Clara Vidal López acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra Os Caracois Alpinistas.
No tocante ao Manuel Leiras Pulpeiro Xurxo Alonso García álzase como gañador coa obra O Outro Lado. O traballo presentado pola gañadora, que obterá un premio de 1500 euros, placa e diploma
O segundo premio, dotado con 600 euro, placa e diploma, recaeu na obra titulada Na ferradura interna do lóstrego da que é autor Tito Pérez Pérez. María Soledad García Riveiro acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra presentada baixo o rótulo Aposiopese.
A entrega do premio Poesía Díaz Jácome terá lugar o sábado, día 10 de decembro, e do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro terá lugar o xoves 8.