Xa hai gañadores dos certames de postais e poesía infantil do Nadal 2023 de Burela

AMariñaXa
A Concellería de Cultura do Concello de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, fai públicos os premios dos certames de postais e poesía infantil do Nadal, unha vez reunidos os membros do xurado.
concurso poesia belen begonte
9 Xan 2024

A Concellería de Cultura do Concello de Burela, a través da Biblioteca Pública Municipal, fai públicos os premios dos certames de postais e poesía infantil do Nadal, unha vez reunidos os membros do xurado.

Nos premios de poesía, en categoría A (ata 8 anos) o primeiro premio é para Teo Domínguez García, de 7 anos e do Ceip Vista Alegre; o segundo para José María García Fra, de 8 anos e do Ceip Vista Alegre, e o terceiro para Leo Fraga Río, de 7 anos (Ceip Vista Alegre).

Na categoría B (de 9 a 11 anos) gañou Lucas Ballesteros Pedre, de 11 anos e do Ceip Vista Alegre; Jimena Domínguez García foi segunda (11 anos e do Ceip Vista Alegre), e o terceiro premio foi para Jorge Melo Reigosa, de 11 anos e do Ceip Vista Alegre.

Todos os traballos presentados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo.

No certame de postais, en Educación Infantil o primeiro premio é para Naia Fontenla Suárez, de 5 anos e do Ceip Vista Alegre; Sergio Fernández González, de 4 anos e do Ceip Vista Alegre, foi segundo, e terceira, Luz Gonçalves Santomé, de 3 anos e do Ceip Virxe do Carme.

En 1º e 2º de Primaria, o primeiro premio foi para Mateo Chamosa Carro, de 7 anos e do Ceip Fondo Nois; o segundo para Alejandro Diéguez Ruíz, de 6 anos e do Ceip Fondo Nois, e o terceiro para Helena Turcu, de 6 anos e do Ceip Virxe do Carme.

En 3º e 4º de Primaria, o primeiro premio é para Pedro Cociña Lestao, de 8 anos; o segundo, para Assila Natasha Komarodin Mulyani, de 8 anos, e o terceiro para José María García Fra, de 8 anos. Os tres son alumnos do Ceip Vista Alegre.

En 5º e 6º de Primaria, o primeiro premio é para Jimena Domínguez García, de 8 anos e do Ceip Vsta Alegre; o segunfo premio, para Jean Pierre De La Nuez Cardenas, de 10 anos e do Ceip Virxe do Carme, e o terceiro premio para Clara Vázquez Cayón, de 10 anos e do Ceip Virxe do Carme.

A entrega de premios será na sala de arte da Casa da Cultura o vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 19:00 horas. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, e a Biblioteca Pública Municipal felicitan a “todos os participantes e convídaos a visitar a exposición que estará aberta ata o día da entrega dos premios en horario de 11 a 13 horas e de 18 a 20 horas de luns a venres”.

0.22717690467834