Xa hai gañadores do XIII concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2023

AMariñaXa
O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, fallou o XIII concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2023.
1 CERVO RESPECTA 2023 1premio O Camiño das Estrelas
6 Xuño 2023

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, fallou o XIII concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2023. En total, foron 41 as instantáneas que participaron neste concurso convocado con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

O primeiro premio foi para Fernando Fra Rico, San Cibrao, coa fotografía titulada O Camiño das Estrelas, e con 55 puntos.Esta obra tamén foi agasallada co premio Top Cervo ao ser a fotografía do Concello de Cervo con maior puntuación.

E o segundo foi para María Fernández Cabaleiro, de Xixón, coa fotografía titulada Triste Legado, con 54 puntos.

0.11797690391541