Xa hai gañadores do VIII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove
O Concello de Xove, a través da Concellería de Medioambiente convocou a comezos do verán o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental Xove, a súa costa e o seu mar. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.
Dentro do concurso existiu unha única categoría e o xurado, composto polo fotógrafo xovense Santos Cordovilla e un fotógrafo de prensa, foron os encargdaos de agasallar aos gañadores.
Así, o primeiro premio valorado en 120 euros foi para David Mariño Bouza coa obra Playa de Reboeira; o segundo de 100 euros foi para Antonio Herrera Huerta coa obra Rescate en Sarón, o terceiro de 90 euros acadouno Germán Paleo Navaro coa obra Néboa no Roncadoiro, o cuarto valorado en 75 euros conseguiuno María Isabel Pérez Martínez co Solpor dende Morás e o derradeiro de 65 euros foi para José Manuel Arroyo Gimeno coa obra Faro de Roncadoira.