Xa hai gañadores do sorteo do Día da Nai de Ribadeo
Lola Rodríguez, Marta Cantón e Beatriz Núñez son as gañadoras das tres xoias que sorteou Acisa Ribadeo na súa campaña do día da nai.
As afortunadas son Lola Rodríguez, da parroquia ribadense da Devesa cunha rifa cuberta en Clun (Os Irmandiños), que leva unha gargantilla de Xoiería Acibeche; Marta Cantón, de Bares (A Coruña) foi a afortunada á que lle tocou un conxunto de colgante e pendentes de Terra Branca por unha compra realizada tamén en Clun (Os Irmandiños); e Beatriz Núñez, de San Cibrao que foi afortunada cunha pulseira de Pratería Gutié por unha compra realizada na Coqueta.
Para este sorteo repartíronse 5.000 rifas e á urna entraron 4.500. Os comercios contan que este ano se atrasaron as compras, pero ao final de semana foron aumentando considerablemente. É evidente que non é unha campaña do día da nai ao uso xa que falta a clientela de Asturias.