Xa hai gañadores do CovidEntróidate de Xove
A Concellería de Cultura de Xove anunciou o fallo do Concurso CovidENTRÓIDATE 2021.
Os disfraces presentados a este concurso tiñan que gardar relación co covid-19; "dende a organización pretendimos abrir un espazo imaxinativo que contribuíra, a través do humor, a superar estes tempos de incertidume e inquedanzas", explican.
Os premiados foron en categoría individual infantil Colexio Hogwarts, seguido de Policía Antivirus e Controlando a pandemia. En adultos os premios foron para Vacina Pfazer, Laboratorios Penasagudas; seguido de Virus fóra da casa e Médico na casa.
Na categoría familiar gañou Ano do demo e no segundo lugar quedou Nin vacuna, nin solfato, temos que batealo. A medalla de bronce foi para Vacinas Covi.
Os premios que lles corresponden na categoría individual, tanto para nenos como para adultos, son de 100, 75 e 50 euros. O dobre para a categoría familiar.
Os premios consisten na entrega de un cheque-regalo que poderá gastarse en calquera establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove, tendo como límite o 30 de xuño de 2021 para realizar o gasto.