Xa hai gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 de Burela
A Delegación Municipal de Cultura a través da Biblioteca Pública Municipal de Burela, ven de organizar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2023 na súa fase local, no cal participaron todos os nenos do Concello con narracións e debuxos sobre o tema: Libros para xogar , libros para vivir.
Os gañadores na categoría de narración A foron Andrea Diéguez Ruiz de 8 anos e do CEIP Fondo Nois. En narración B, foron Jimena Dominguez García, Jorge Melo Reigosa e Iria Pascual Arias, todos de 11 anos e do CEIP Vista Alegre. En narración C, a gañadora foi Ana Lestao Ben de 15 anos e do IES Perdouro.
En debuxo categoría A a gañadora foi Naia Fontenla Suárez de 4 anos e do CEIP Vista Alegre. En debuxo B, Jimena Dominguez García, Uxía Níñez Gómez e Carla Mallada Abuin, todas do CEIP Vista Alegre. En debuxo C, a gañadora foi Ana Lestao Ben do IES Perdouro.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase Provincial do Certame, organizado pola Biblioteca Nodal de Lugo.
A entrega de premios terá lugar na Biblioteca Pública Municipal o vindeiro mércores, 21 de xuño, ás 19 horas.