Xa hai data para a Festa Normanda de Foz 2022
A organización da Festa Normanda de Foz informou das datas de celebración para a festa deste ano 2022 e que coincidirán coa última fin de semana de agosto, é dicir, 26, 27 e 28 de agosto. O ano pasado presentaron o seu novo logotipo.
A Festa Normanda é unha das festas máis recentes que se celebran en Foz e que rememora a invasión errada dos viquingo sobre o pobo lucense.
De momento no hai confirmación do programa pero previsiblemente haberá un mercado medieval, unha obra teatral que teatraliza o desembarco e o afundimento dos barcos vinkingos ademais dee actividades, xogos e teatro para os máis pequenos.
Tamén podería recrearse como en anos anteriores na praia focega de Tupide, o desembarco viquingo e o combate entre a poboación e os invasores normandos.