Xa hai data de apertura para a piscina de Alfoz

AMariñaXa
O Concello de Alfoz abrirá a piscina municipal o día 12 de xullo trala renovación e mellora das instalacións. Abrirá durante xullo e agosto.
piscina alfoz
7 Xul 2021

O Concello de Alfoz abrirá a piscina municipal o día 13 de xullo trala renovación e mellora das instalacións. Esta abrirá durante os meses de xullo e agosto e ata o 13 de setembro.

O horario será de luns a domingo de 12.00 a 20.00 horas e o uso da mesma é totalmente gratuito, sendo un servizo fundamental durante o verán contando con dous vasos, un deles infantil, e unha amplia zona verde de lecer, servizo de socorrista, etc.

2021 piscina alfoz
0.14398407936096