Xa hai artistas confirmados para o Osa do Mar de Burela

AMariñaXa
O Osa do Mar de Burela chega este ano á súa sétima edición que terá lugar o 16 de maio e o 24 e 25 de setembro.
osa do mar burela 2
5 Maio 2021

O Osa do Mar de Burela chega este ano á súa sétima edición e terá lugar o 16 de maio e o 24 e 25 de setembro. Por mor da pandemia, haberá cambios no propio festival, xa que só haberá como único escenario a casa da cultura de Burela.

Nesta edición, o festival dividirase en dúas grandes citas, a véspera das Letras Galegas o 16 de maio, e os días 24 e 25 de setembro. Só haberá dous ou tres bandas e/ou artistas en cada xornada.

Así, o día 16 ás 19.00 horas haberá un coloquio sobre o estado do Galego na música. Con Emilio López (Skornabois e Safari Orquestra), Manolo Maseda (Diplomaticos de Monte Alto), Nuno Pico (Grande Amore, Oh! Ayatollah e Skolhma) e Antía Muiño (cantautora).

Xa ás 20.00 horas será o concerto de Antía Muíño e ás 21.00 horas o de Grande Amore.

As entradas, 10 euros cos gastos de xestión incluidos, poderanse mercar a partir do mércores 5 de maio ás 12.00 horas na web www.entradium.com.

0.18271589279175