Xa está en marcha o concurso de carteis da XXXVIII Feira do Bonito de Burela
A Sociedade Cultural Ledicia de Burela convoca concurso de carteis co gallo da celebración da XXXVIII Feira do Bonito os vindeiros 3 e 4 de agosto de 2024 na zona portuaria de Burela.
Así, o concurso terá dúas categorías, a A con concursantes ata os 14 anos e a categoría B, con concursantes maiores de 14 anos. Ademais, poden participar tódalas persoas que o desexen, con un ou varios traballos que se entregarán sen asinar e acompañados dun sobre pechado cos seus datos no interior, indicando no exterior a categoría na que concursan.
O tema debe ter relación co bonito e/ou co ensalzamento da Feira e o encabezamento do traballo será 'XXXVIII FEIRA DO BONITO', e deben aparecer tamén o lugar e data de celebración Burela 3 e 4 de agosto de 2024.
A técnica a empregar é libre, pero os traballos que se presenten en soporte informático, deben acompañarse dun exemplar impreso. As medidas para os traballos son: Cat. A: 15 X 20 cm; Cat. B: 50 x 65 cm.
Os orixinais poden entregarse ata o día 19 de Xuño de 2024 no local social da Sociedade Cultural Ledicia de xeito persoal os mércores entre as 20.30 e as 22.30 horas, por correo, no enderezo antes reseñado; e de non poidese acudir ao local, entregar a algunha persoa da xunta directiva.
Premiarase un traballo por categoría: o gañador da Categoría A para o programa de man, e o da Categoría B para o cartel anunciador da Feira. Os premios consistirán en obsequios representativos da Feira e serán entregados o propio día da celebración, e as persoas gañadoras serán convenientemente convocadas para o acto.