Xa está en macha o novo obradoiro de emprego de xardinería

AMariñaXa
Un novo taller de emprego 'Sendas de Burela, Cervo e Xove XI'
obradoiro-de-emprego-XI
2 Dec 2024
Xa está en macha o novo obradoiro de emprego de xardinería, Sendas de Burela, Cervo e Xove XI, promovido polo Concello de Xove.
Foi o primeiro día para o alumnado que ten agora por diante 12 meses para formarse, e tamén para deixar a súa pegada en diferentes espazos públicos e zonas verdes do Concello de Xove.
A alcaldesa de Xove, Dolores García Caramés deulle a benvida a todo o alumnado, tamén aos monitores e corpo directivo que os acompañarán neste tempo, e animounos a aproveitar ao máximo a oportunidade que lles permitirá formarse nun sector co que ampliarán as súas perspectivas laborais.
Tamén quixo destacar a importancia da colaboración institucional, e en especial da Xunta de Galicia, cuxo apoio é fundamental para poder promover estes talleres que ofrecen formación dual a persoas que estaban desempregadas nos nosos Concellos.
0.16261100769043