Volven os Pasos de Sabiduría ao centro social de Ribadeo
AMariñaXa
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, anunciou que o evento comezará coa actuación do dúo Mar de Caión
2 Oct 2024
Este domingo, 6 de outubro, regresan os Pasos de Sabiduría ao centro social de Ribadeo, onde se prolongarán ata xuño de 2025. A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, anunciou que o evento comezará coa actuación do dúo Mar de Caión, que amenizará a xornada desde as seis da tarde ata as nove da noite.
Segundo explicou a edil ribadense, os Pasos de Sabiduría realizaranse todos os domingos ata finais de xuño no centro social, ofrecendo tardes cheas de diversión e actividade para a comunidade. Sierra destacou tamén a participación de Susana Álvarez, quen estará presente novamente para animar as sesións semanais e garantir o ambiente festivo dos encontros dominicais.