Volven os mércores de natureza ao Vicedo

AMariñaXa
O Concello do Vicedo volve acoller os mércores de natureza no que programa varias eventos para este mes de xullo
fucino do porco o vicedo
24 Xuño 2021

O Concello do Vicedo volve acoller os mércores de natureza no que programa varias eventos para este mes de xullo, e que dará comezo coa presentación das actividades na praia de Arealonga o mércores 7 ás 16.30 horas.

Xa o mércores 14 ás 22.30 horas haberá unha ruta de sendeirismo nocturna pola ponte sobre o río Sor do Vicedo a Xilloi. O seguinte mércores ás 16.30 horas poderase desfrutar dunha ruta de kayaks dende a praia de Abrela, pasando polo Fuciño do Porco, a Cova da Doncela e volta a Abrela. En caso de malas condicións marítimas modificarase para ir pola baixada do río Sor de Ribeiras ao Vicedo.

O mércores 28 xullo ás 10 horas será a Xeoruta pola costa que inclúe as praias de Area Grande e Xilloi.

Ademais haberá unha actuación de Paco Pakolas o mércores 14 ás 20 horas na casa da cultura e monicreques de Trécola cunha obra sobre os viquingos o sábado 24 de xullo nun horario por determinar aínda.

0.092909097671509