Volven o Mercado dos Domingos nas inmediacións da praza de Abastos de Ribadeo

AMariñaXa
O Mercado dos Domingos nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo volve e será en horario de 9 a 14 horas.
Cartel Mercado dos Domingos Ribadeo 2023
23 Jun 2023

Do 25 de xuño ao 15 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo. Será en horario de 9 a 14 horas.

O alcalde, Dani Vega, manifestou que “o inicio do verán en Ribadeo é sinónimo de sostibilidade, alimentación de proximidade e consumo local. Esta fin de semana volve o Mercado dos Domingos, que organizamos desde o Concello en colaboración coa asociación de produtores da horta A Sucadoira”.

O rexedor indicou que “o que pretendemos é pór en valor a economía de proximidade, potenciando o consumo de temporada e saudable, coidando do medio, beneficiando a nosa economía local e dinamizando a vila”.

No Mercado dos Domingos participarán 15 produtores e produtoras da zona, que porán á venda froitas, hortalizas, queixos, pan, doces, setas, cervexas e outro tipo de produtos como coitelos.

Este domingo, 25 de xuño, a Asociación Cultural A Ronqueta amenizará o mercado.

Cartel Mercado dos Domingos Ribadeo 2023
0.16741704940796