Volven as Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro organiza as VI Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima en novembro
VII xornadas martimas viveiro 2023
25 Out 2023

O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), organiza as VII Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 10, 11 e 12 de novembro.

O mes de novembro é un mes simbólico na historia marítima de Viveiro, xa que foi o 2 de novembro de 1810 cando a fragata Magdalena afundiu na ría.

As xornadas convertéronse xa nun punto de encontro de arqueólogos, historiadores e afeccionados e conseguiron reunir a case un centenar de asistentes nas últimas edicións. A inscrición nestas xornadas poderanse realizar nas páxinas web da UNED - Lugo e Concello de Viveiro.

María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, destacou o nivel dos relatores e asegurou que a xornada xa é unha cita consolidada a nivel nacional e internacional. “É unha das mellores formas de poñer en valor a nosa historia, sempre vencellada ao mar”, asegurou.

“As xornadas inclúen unha exposición e ponencias de temas como a xestión do patrimonio, a historia marítima, a arqueoloxía subacuática ou a conservación do material”, explicou Jesús Fernández.

Tamen haberá unha degustación da comida de a bordo no século XVIII, que tivo moi boa acollida o ano pasado.

“Un ano máis, todos os ponentes deste foro son de primeiro nivel, consolidando unhas xornadas que teñen unha clara vocación internacional”, apuntou pola súa parte Antón López.

A xornada do domingo será máis en clave local, con ponencias sobre o proxecto Ría de Viveiro; A colección de instrumentos de navegación no programa de difusión do Museo Massó de Bueu; A restauración do pecio da Magdalena exposto no Museo da Construcción Naval de Ferrol (Exponav), e A evolución da muller do mar.

programa xornadas maritimas qrqueoloxia viveiro 2023
0.17161798477173