Volven as visitas didácticas ao Concello de Alfoz

AMariñaXa
O sábado 23 de outubro celebrarán por partida doble o Día da Biblioteca, primeiro cun Obradoiro e despois con xogos,
finca galea alfoz
15 Oct 2021

O sábado 23 de outubro, ás 18:00 horas terá lugar a primeira das visitas didácticas iniciadas o ano pasado desde a Área de Turismo Municipal, nesta ocasión o lugar elixido é Finca Galea onde, centrándose no muíño con batán incluído. se coñecerá tamén a importancia da industria téxtil de Alfoz no s. XVIII da man de Dolores Barral, profesora de Historia da Arte da USC.

O sábado 30 de outrubro, ás 17:00 horas a segunda das visitas guiadas estará dedicada aos cruceiros. Será Mario Saavedra, autor do libro Cruceiros, Cruces e Cristos do Concello de Alfoz quen guíe pola interesante historia destes símbolos, así como polos diferentes estilos e épocas nas que se realizaron.

Para participar en calquera destas visitas guiadas é necesario inscribirse previamente, para máis información tfno. 982 558 001 (ext. 2) e web municipal a partir do 11 de outubro.

0.18718886375427