Volven as escolas deportivas de verán de Ribadeo
As escolas deportivas municipais de verán de Ribadeo seguen a ser un éxito por iso, un ano máis volven a ofertar unha ampla variedade de actividades.
Entre elas haberá pesca deportiva, surf, piragüismo e vela, todas elas desenvolveranse durante xuño, xullo e agosto.
A praza de matrícula será ata fin de prazas e poderán participar os nados entre 2006 e 2013 e sempre terán preferencia os empadroados no Concello.
A pesca deportiva será os días 5, 7, 9, 12, 14, 16, 19, 21, 23, 26 e 28 e horario de 10.00 a 14.00 horas; o surf será todos os días de xuño, o 1, 2, 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13 ,14 e 15 en horario de 16.00 a 18.00 horas. E haberá unha xornada especial o 16 de xullo de 12 a 18.00 horas.
O piragüismo serás en xullo os días 5, 6, 7, 8, 9, 12, 13, 14, 21, 22, 23, 26, 27 e 28 e 4, 5 e 6 de agosto de 16.15 a 19.00 horas.
As clases de vela serás os días 28, 29 e 30 de xuño e 1, 2, 5, 6, 7, 8 e 9 de xullo de 10.00 a 14.00 horas.