Volven as degustacións e a música a Xove nunha nova edición da Festa do Percebe

AMariñaXa
Esta festa gastronómica, que se celebra a mediados de xullo, cumpriu no ano 2022 a súa novena edición
festa_do_percebe_xove
3 Xul 2024

Xa hai data para a XI Edición da Festa do Percebe de Xove, onde se degustarán os mellores percebes. A cita volve ao municipio o sábado 22 de xullo e terá lugar, como vén sendo habitual, na Praza do concello de Xove. Xunto coa gastronomía, que será a gran protagonista da xornada, os asistentes poderán gozar de actuacións musicais.

O pregoeiro desta edición será o conselleiro do Mar Alfonso Villares. Esta festa gastronómica, que se celebra a mediados de xullo, cumpriu no ano 2022 a súa novena edición. Está organizada pola Asociación de Festexos A Medorra e o Concello de Xove, e reparte en cada edición máis de 1.500 racións, ao redor de catrocentos quilos de marisco.

A conta en cada convocatoria cunha carpa instalada para a ocasión, e o produto procede das lonxas da zona onde se venden os máis grandes e mellores percebes procedentes dos cantís da Mariña e Ortegal. A festa comeza ao mediodía e dura toda a xornada, alternando distintas actividades como charangas, discoteca, actividades infantís, obradoiros e teatro.

0.13492894172668