Volven as actividades dos Mércores de natureza do Vicedo
Volven as actividades dos Mércores de natureza do Vicedo organizadas desde a casa da cultura. Así, os cativos poderán desfrutar da inmersión no medio natural e do bo tempo.
O 5 de xullo sería a presentación das mesmas na praia de Area Longa e haberá kaiaks e tablas de paddle surf para ir por libre e ademais a un prezo máis económico.
O 12 de xullo será a subida ao río Sor en kaiak dende o porto do Vicedo; o día 19 haberá unha ruta de sendeirismo entre a praia das Catedrais e Ribadeo, ata alí irase en tren; e o 26 está preogramada unha Xeorruta co xeólogo Fran Canosa polas inmediacións de Ponte Segade.
Ademais o vindeiro domingo 16 de xullo será a celebración da festa de Turismo Rural que é nas inmediación do parque eólico de Riobarba baixo unha carpa. Nesta festa haberá misa na honra de San Vicente de Francos, xantar, competicións ecuestres e haberá un espectáculo musical durante a vermú e máis e tamén pola noite.