Volven as actividades de verán de Cervo

AMariñaXa
O vindeiro luns volven as actividades de verán co programa de Noites Alternativas, de luns a xoves, e Enredando no verán, luns e mércores.
CERVO ACTIVIDADES VERAN 2021
2 Xul 2021

O vindeiro luns volven as actividades de verán co programa de Noites Alternativas, de luns a xoves, e Enredando no verán, luns e mércores.

Todas as actividades foron deseñadas baixo o paraugas dun estrito protocolo dando cumprimento á normativa sanitaria vixente. Dada a situación excepcional que se está a vivir dende o Concello de Cervo fíxose un importante esforzo para poder levar a cabo nos meses de xullo e agosto unha completa axenda de actividades, na que se fai especial fincapé nas modalidades deportivas individuais.

Para máis información haberá que chamar ao 691 656 600.

0.064566850662231