Volven as actividades de Nadal da Pontenova

A veciñanza da Pontenova gozará de diferentes actividades para este mes de decembro como música, festa e campamentos.
Así, no campamento de inglés ou Christmas Camp os cativos de 4 a 12 anos poderán gozar de tempo de ocio noutro idioma. Será os días 26 e 28 de decembro e 2 e 4 de xaneiro de 10.30 a 12.30 horas no local da CIT. As inscricións hai que facelas antes do 22. Tamén a CIT fará unha festa de aninovo.
Tamén a Escola Municipal de Música da Pontenova prepara un concerto de Nadal para o vindeiro domingo 17. O evento será no auditorio da casa da cultura ás 20.30 horas.
Xa en xaneiro está previsto facer a Cabalgata de Reis o venres 5 e na que previsiblemente as Maxestades de Oriente se lance de novo pora tirolina.
O Concello rematará a programación co seu tradicional Playback no auditorio municipal, e nela participarán os nenos e nenas do Concello, así como os adultos anotados.