Volven as actividades de Ludiverán do Concello de Alfoz
O Concello de Alfoz organiza actividades para nenas e nenos nados entre 2011 e 2020, desde o 3 de xullo ata o 25 de agosto.
Serán deporte, xogos, experimentos, medio ambiente, piscina, ... sempre para fomentar a igualdade repartidos en 4 quendas das que podes elexir unha, varias ou todas para asitir en horario de luns a venres laborables de 10.00 a 13.30 horas ao CEIP Castro de Ouro.
O prazo de inscrición abrirá o día 22 ás 8.00 horas na Oficina de rexistro do Concello ou a través da Sede Electrónic e ata o 27 de xuño.
Para máis información pódense consultar as bases de participación publicadas en www.concellodealfoz.com e no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica. M
Serán actividades de balde subvencionadas polo propio de Concello de Alfoz e pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Ministerio de Igualdade e a Unión Europea.