Volve unha nova edición do Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa
O Pavillón da Veiga, en San Ciprián, será o escenario o próximo 27 de xullo, do V Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local. A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, polo concelleiro Alfredo Fernández, e por representantes do Club Deportivo San Ciprián.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 24 de xullo a través dos contactos 636 531 501, 650 056 872 ou cdsciprian@gmail.com. O Concello de Cervo felicita de novo ao Club Deportivo San Ciprián, e á súa sección de tenis de mesa especialmente, neste caso, por seguir a dinamizar durante o verán o concello, con actividades deportivas deste nivel, que en edición pasadas congregaron a un importante número de participantes, e que nesta ocasión, de seguro, volverá ser un éxito.