Volve unha nova edición do Curso de Música de Semana Santa de Xove

AMariñaXa
Volve unha nova edición do Curso de Música de Semana Santa de Xove que se celebrará do 1 ao 5 de abril, ambos días incluídos.
PRESENTACION XXXII CURSO (1)
10 Mar 2023

Volve unha nova edición do Curso de Música de Semana Santa de Xove que se celebrará do 1 ao 5 de abril, ambos días incluídos.

Esta cita vaise desenvolver no salón de actos do Centro Cívico de Xove e o Concerto de Cámara será o 4 de abril e o de Clausura o 5 de abril. Esta formación estará ao cargo dos profesores Nazaret Canosa; Nara Carballal, Antía Fernández e Diego Segade, e está dirixido por Xan Carballal.

O curso de Música de Semana Santa comezou a súa andaina aló polo ano 1990, coa idea de poñer en contacto aos estudantes co mundo profesional dentro da música. Para levar a cabo este proxecto era preciso contar coa colaboración de profesores cunha ampla traxectoria no mundo das orquestras profesionais.

Este curso foi pioneiro pola súa concepción, xa que os cursos que se viñan ofertando consistían en clases individuais de técnica instrumental e clases colectivas para traballar repertorio, esixindo case sempre que o alumno escollera o repertorio a traballar da especialidade instrumental correspondente. O curso que se oferta é innovador xa que a base do seu plantexamento consiste na aprendizaxe por medio do traballo dentro da orquestra, e ofrece a posibilidade de que alumnos de diferentes niveis poidan participar, xa que se establecen diferentes formacións orquestrais ou de cámara segundo os coñecementos dos participantes, facendo especial fincapé no traballo por grupos e a coordinación.

 

PRESENTACION XXXII CURSO (2023)
Curso de Música de Semana Santa de Xove 2023
0.18343305587769