Volve unha edición máis dos Venres de Petiscos a Cervo

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar dunha nova edición da Ruta Venres de Petiscos, unha iniciativa gastronómica que reúne a hostalería de Cervo e Sargadelos.
Nesta ocasión, participan os establecementos Caseto de Copa, a Pousada O Almacén, a Taberna de Sargadelos e o café-bar cultural A Sacabeira, que ofrecerán tapas a un prezo de 2,50 euros. Ademais, cada mes sortearase unha cea en cada local entre as papeletas seladas semanalmente nos catro establecementos.
A presentación desta nova edición contou coa presenza da alcaldesa, Dolores García Caramés, da concelleira Mali Méndez e dos representantes dos negocios implicados. Para o primeiro venres, as propostas gastronómicas inclúen Spaguetti “frutti di mare” no Caseto de Copa, Hutspot na Pousada O Almacén, Guiso de polbo na Taberna de Sargadelos e Tosta de morcilla de arroz con queixo de cabra en A Sacabeira.
As persoas interesadas poden seguir as redes do Concello e a páxina de Facebook oficial da ruta.