Volve subir a presión hospitalaria pero baixan os contaxios
A provincia chega a este mércores co virus en continua recesión na práctica totalidade das localidades.
Así, este mércores os casos activos sitúanse en 1.086, que son 43 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 42.
Rexistráronse nas últimas 24 horas 35 casos novos (onte foron 34). Ademais, as altas chegaron ás 10.094, 77 en 24 horas, o día anterior foron 74.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.382 casos rexistrados e 1956 persoas falecidas, unha máis que onte. Trátase dun home de 85 anos ingresado no Hula.
A presión hospitalaria volve subir. Nas UCI hai 25 ingresados (un menos que onte), todos no Hula e en planta hai 53 enfermos, tres máis que onte, 35 no hospital de Lugo (4 máis), 5 na Mariña e 12 en Monforte (2 menos). O Polusa de Lugo volve ter un enfermo ingresado.
POR COMARCAS
A Mariña
Viveiro continúa reducindo a incidencia agora xa máis lentamente e cada vez hai máis concellos sen casos nos últimos 15 días.
- Viveiro reduce 1 casos e son xa 27.
- Burela baixa un tamén e queda en 10.
- Barreiros, Trabada, Cervo e Lourenzá non teñen casos novos nos últimos 15 días.
Terra Chá
Guitiriz volve sumar casos pero xa máis lentamente, tres no día de hoxe mentres no resto a tendencia xeralizada é á baixa.
- Vilalba continúa á baixa con 65 casos, 9 menos.
- Guitiriz suma 3 casos máis e chega a 115.
- Cospeito segue con 14.
- Outeiro de Rei reduce 2 para quedar en 11.
- Castro de Rei baixa 2 a 12.
- Pol e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
- No veciño Concello das Pontes suma 2 casos ata 33.
Centro da provincia
Tendencia á baixa na comarca agás no Corgo que segue con moita incidencia malia non subir hoxe.
- Lugo manten a mesma cifra de onte, 282.
- Palas de Rei reduce 1 máis e xa está en 12.
- Guntín mantén 10 casos.
- Castroverde ten un caso menos, 12 no cómputo total.
- O Corgo tamén queda en 23.
- Baralla volve a estar por debaixa 10 casos.
- A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Folgoso do Courel, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.
Comarca de Sarria
A comarca segue reducindo a incendencia, agora máis lentamente.
- Sarria reduce ata 26 casos, 1 menos que onte.
- Láncara reduce de novo 2 casos e xa son 10.
Ribeira Sacra
Monforte cae xa por debaixo dos cen casos e no resto estabilidade.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 99 casos, 5 menos.
- Quiroga xa está on menos de 10 casos en 15 días.
- Taboada suma 1 ata 14.
- Pantón rebaixa 1 e queda en 10.
- Pobra do Brollón reduce 2 e queda en 10.
- Sober reduce tamén 1 ata 18.