Volve o Vilou Spring Fest ao recinto feiral de Vilanova

AMariñaXa
O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá o vindeiro xoves 6 de abril unha nova edición do festival Vilou Spring Fest.
Vilou Spring Fest 2023
Vilou Spring Fest 2023
25 Feb 2023

O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá o vindeiro xoves 6 e venres 7 de abril unha nova edición do festival Vilou Spring Fest.

Esta cita musical, que coincide co Xoves e Venres Santo, contará o día 6 como prato forte coa actuación da Panorama e o día 7 co grupo Beatriz, pero tamén participarán o Conxuro discomóvil e os DJ Billy e Dani Rego os dous días.

Este evento está organizado pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá. As entradas, aínda non están á venda.

Vilou Spring Fest 2023
0.054516792297363