Volve o teatro ao sociocultural de San Cosme
Volve o teatro ao sociocultural de San Cosme, será o sábado 1 de abril ás 19.00 horas. Así, poderase desfrutar de “El virus de la violencia”. Unha obra de teatro escrita e dirixida por Marina Wainer, e que foi galardoada no IV Festival de Teatro Independente en Almirante Brown cos premios de: mellor actriz, mellor dirección, mención especial e mellor obra teatral.
Sinopse
Unha parella de recén casados chega de viaxe de lúa de mel a un lugar fermoso e idílico, pero estala a pandemia do coronavirus e deben permanecer alí pola estrita corentena. A separación dos seus familiares e a escaseza de diñeiro, fan resaltar os efectos secundarios do illamento. A curva ascendente e mortal do virus crece á vez dos malos tratos e da pouco, o confinamento vólvese un cárcere de difícil saída.
A peza teatral abre a porta ao debate sobre a violencia de xénero e os femicidios.