Volve a cita gastronómica do TapEo de Trabada
AMariñaXa
Volve o TapEo a Trabada para o mes de abril unha cita gastronómica que organiza o Concello en colaboración cos establecementos hostaleiros.
29 Mar 2022
Volve o TapEo a Trabada para o mes de abril unha cita gastronómica que organiza o Concello en colaboración cos establecementos hostaleiros.
Esta cita será durante os días 1, 2 e 3 de abril e nela participarán a Taberna da Curuxeira , o Novo Bar O Porfirio e o Batuxo Mesón con tapas a un prezo de 2 euros cada unha.
A Taberna da Curuxeira ofrecerá as tapas de empanadillas mariñeiras e carne ao caldeiro, no Porfirio as tapas serán de capricho de mar e hamburguesa trufada e no Batuxo Mesón as tapas que propón son marinada e o cortello.