Volve o Programa ActivaMente de Barreiros

AMariñaXa
El ayuntamiento de Bóveda organiza ActivaMENTE, un obradoiro de memoria a través de nuevas tecnologías que empezará el viernes 5 de abril.
cerebro ler pensar
30 sep 2023

A veciñanza do concello de Barreiros está a recibir as cartas informativas do Programa ActivaMente, talleres lúdicos nos que poderán participar en actividades de aprendizaxe e lecer, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer este (as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo), traballando a memoria, a atención e a concentración e potenciando as relacións entre a veciñanza do Concello.

Os interesados en participar poden inscribirse no rexistro do Concello de Barreiros ata o 13 de outubro.

O programa, que está destinado a maiores de 65 anos, xubilacións maiores de 60 anos ou con discapacidade do concello, dará comezo a semana do 23 de outubro.

Impartirase nos colexios vellos de San Miguel os luns de 18.00 a 19.00 horas, no centro social de Cabarcos os xoves de 15.00 a 16.00 horas, no centro social de San Xusto os xoves de 16.30 a 17.30 horas, e no centro social de San Cosme os xoves de 18.00 a 19.00 horas.

curso activamente barreiros outubro 2023
0.17896795272827