Volve o programa Aberto x Vacacións a Foz
Volve o programa Aberto x Vacacións a Foz aínda que Será unha edición un pouco diferente porque haberá que ter precaución e seguir as recomendacións das autoridades sanitarias, con limitacións de aforos. Estas actividades serán no Ceip O Cantel e na Sala Bahía, ademáis de poder incluir outras ubicacións.
As prazas estarán limitadas, atendendo á normativa existente, e o proceso constará de: preinscrición, publicación de persoas admitidas e formalización de inscrición.
Terán prioridade aqueles nenos cuxos proxenitores traballen, así como familias monoparentais ou monomarentais na mesma situación (entrega de documentación acreditativa o día de formalizar a inscrición ou perda de praza), e os menores empadroados no Concello de Foz. Resérvase un 20% de prazas a persoas en situación de vulnerabilidade, beneficiarias de programas sociais. Co resto das preinscricións, realizarase un sorteo ata cubrir as prazas.
Cada preinscrición realizada asociarase a un código que será remitido a través de correo electrónico (revisar o correo electrónico antes do 26 de xuño para comprobar a súa recepción).
A preinscrición realizarase a través do envío do formulario debidamente cumprimentado ao enderezo electrónico: axv2021@concellodefoz.es.
A listaxe dos códigos das persoas admitidas será publicada na sección de Novas da web do Concello de Foz (www.concellodefoz.es), despois da realización das comprobacións e do sorteo. As datas de preinscrición rematan o 8 de xuño e a listaxe publicarase o 15 de xuño.
Haberá catro quendas para as actividades, a quenda 1 do 5 ao 16 de xullo, a quenda 2 será do 19 ao 30 de xullo, a quenda 3 do 2 ao 13 de agosto e a quenda 4 do 16 ao 27 de agosto. Cada unha delas terá un custo de 10 euros.
As persoas admitidas deberán formalizar a inscrición na Casa da Xuventude, en horario de 9.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 horas, do 16 ao 30 de xuño para as quenda 1 e 2, e do 19 ao 29 de xullo para as 3 e 4.