Volve o Mercado dos Domingos á contorna da praza de abastos de Ribadeo

AMariñaXa
Do 26 de xuño ao 9 de outubro terá lugar o XXI Mercado dos Domingos na contorna da praza de abastos de Ribadeo
horta mercado agricultor
23 Xuño 2022

Do 26 de xuño ao 9 de outubro terá lugar o XXI Mercado dos Domingos na contorna da praza de abastos. Unha cita que impulsa a alimentación de proximidade, a sostibilidade e o consumo local. Este domingo animará o mercado entorno ás 12.30 da mañá o cuarteto de música tradicional Xaramolo. 

O Concello de Ribadeo organiza este mercado en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Trátase dun mercado de proximidade de produtoras e produtores da zona no que se poden atopar produtos da horta, outros alimentarios como queixos ou pan e relacionados co sector primario. Nesta temporada tamén  se incorporan novidades como as setas e os doces. 

O Mercado pon en valor a economía de proximidade, potenciando o consumo de temporada, apoiando a nosa economía local e dinamizando Ribadeo..Este mercado terá lugar, como cada ano, na contorna da praza de abastos de Ribadeo en horario de 9.00  a 14.00 horas, contará con 15 produtores e produtoras da zona. Este é un espazo no que poderá atoparse unha oferta de produtos ben diversificada e de proximidade: da horta, pan, ostras, queixo, embutidos, zumes e marmeladas, cervexas, coitelería , doces, setas etc. 

 

mercado dos domingos Ribadeo xuno 2022
0.19997596740723