Volve o festival Aturuxo de Bravos

AMariñaXa
A Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos comunicou oficialmente que este ano haberá festival Aturuxo e celebrarase o 10 de xullo.
aturuxo 2021 ourol 2
7 Xuño 2021

A Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos comunicou oficialmente que este ano haberá festival Aturuxo e celebrarase o 10 de xullo.

O festival ourolés chega este ano a súa novena edición xa que o ano pasado tivo que suspenderse por mor da pandemia.

O obxectivo do Festival Aturuxo de Ourol é  poñer en valor a  cultura galega pois cada edición desta cita reúne a grupos e artistas de referencia no panorama musical tradicional.

Este festival ten unha acampada gratuíta e buses dende a estación de autobuses de Viveiro ata Bravos. Ademais é un festival accesible para persoas xordas, xa que hai intérprete de lingua de signos.

aturuxo 2021 ourol
0.18316006660461