Volve o Comercio na Rúa da man de Acia Foz CCA

Foz
AMariñaXa
cia Foz CCa organiza unha nova edición do Comercio na Rúa os días 20, 21 e 22 de xullo participan 30 locais
agosto 2023 comercio na rua acia foz
17 Aug 2023

 Os días 17, 18 e 19 de agosto terá lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza Acia Foz CCA. Nesta campaña daranse cita 36 negocios, que ofrecerán descontos especiais durante esas xornadas. En caso de mal tempo, as promocións realizaranse no interior. 

Os negocios que sacarán os seus produtos ao exterior son: 5 lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Koquetas, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, Ofifoz, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Outlet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo Te Mimo.

O presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo, subliña que “o Comercio na Rúa é unha oportunidade moi interesante para mercar os últimos artigos de tempada e para a volta o cole a prezos moi interesantes”.

No acto de presentación participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, a concelleira de Comercio, Kathy Alonso, e o presidente de Acia Foz CCA, José Carlos Paleo. 

Acia Foz CCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15668106079102