Volve o cine na rúa ao Valadouro con O noso último verán en Escocia

AMariñaXa
Volve o cine na rúa ao Valadouro, nesta ocasión proxectarase O noso último verán en Escocia, será o domingo 28
1 cine na rua valadouro ultimo veran escocia
26 Ago 2022

Volve o cine na rúa ao Valadouro, nesta ocasión proxectarase O noso último verán en Escocia, unha proxección que chega da man da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo e en colaboración coa área de cultura do concello do Valadouro.

A cita lúdica será este domingo 28 de agosto ás 21.30 horas na praza de Santa María con entrada de balde. En caso de que as prediccións meteorolóxicas non foran as idóneas, a actividade trasladarase ó Salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo do Valadouro.

SINOPSE

O último verán en Escocia, é unha comedia moi entretida cunha forte dose de moralina que case logra emocionar pero, iso si, acada sacar un amplo sorriso e algunha que outra gargallada provocada pola espontaneidade e saídas dos tres pillabáns que, aínda que pareza mentira, acaban converténdose nos máis sensatos do conto. Atención tamén ao tratamento da paisaxe e da música tradicional celta que terá o seu punto álxido na catarse colectiva do fina”, segundo a crítica.

Un matrimonio en crise viaxa a Escocia con motivo do 75 aniversario do avó. Como está gravemente enfermo tratan de ocultar a súa difícil situación para que non lle afecte á saúde, pero non lles vai ser nada doado manter o segredo por mor dos seus tres falangueiros fillos.

cine na rua valadouro ultimo veran escocia
0.15994596481323