Volve o cine ao aire libre a Xove
AMariñaXa
O próximo xoves, 26 de agosto, na praza do Concello de Xove terá lugar a proxección ao aire libre de Vilamor
24 Ago 2021
O próximo xoves, 26 de agosto, na praza do Concello de Xove terá lugar a proxección ao aire libre de Vilamor, unha das longametraxes galegas máis aclamadas dos últimos tempos.
O director do filme, Ignacio Vilar, presentará a súa película ao público asistente, nun encontro de luxo que culminará cun coloquio posterior acerca do tema: A Volta ao rural.