Volve o ciclo A Mariña en clave de humor á casa da cultura de Burela
AMariñaXa
Este 2022 chegará á Casa de Cultura de Burela a II edición do ciclo A Mariña en clave de humor que este ano acollerá grandes espectáculos
13 Xan 2022
Este 2022 chegará á casa de cultura de Burela a II edición do ciclo A Mariña en clave de humor que este ano acollerá grandes espectáculos ata maio.
Dará comezo o domingo 20 de febreiro ás 20.00 horas co monólogo 8 apelidos andaluces con Jesús Piña, Quique de la Fuente, Txapela de Cádiz e Abraham Martín.
Continuará o domingo 27 de marzo ás 20.00 horas con outro grande do espectáculo galego, Luis Zahera, e o domingo 24 de abril ás 20.00 horas será a quenda de José Luis Caler.
Xa por último pero non menos importante, Javier Veiga subirase ao escenario do humor burelés o venres 27 de ás 21.00 horas.
As entradas irán saíndo mes a mes á venda e poderán atoparse na plataforma de woutick.