Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro
AMariñaXa
Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para nenas e nenos a partir dos 4 anos que practiquen ou non ximnasia rítmica
Foto de arquivo
26 Maio 2024
Volve o Campus de verán do Club Ximnasia Viveiro para nenas e nenos a partir dos 4 anos que practiquen ou non ximnasia rítmica. Realizarase no pavillón municipal e as inscricións abriranse no mes de xuño. Esta nova edición terá lugar do 1 ao 26 de xullo. Hai prazas limitadas polo que compre anotarse no correo campuscxviveiro@gmail.com ou chamando ao 605 568 592.
Nos últimos anos, os prezos fixábanse por semanas e había desconto por irmáns, ademais contaban con servizo de madrugadores gratuíto de 9.00 a 10.00 horas. A cativada puido gozar de actividades de baile, preparación física, manexo de aparatos, técnica corporal, acrobacias, ballet, xogos, manualidades... e moita diversión.