Volve o campamento de verán da Pontenova
Os pequenos do concello da Pontenova volverán desfrutar dun campamento de verán e no que haberá dúas categorías. A primeira, de dúas semanas, do 24 de xullo ao 4 de agosto, e a segunda, de 4 semanas, do 17 de xullo ao 11 de agosto.
Nel, os rapaces poderán ir de excursión e participar en xincanas, variados obradoiros, facer todo tipo de deportes, ademáis de desfrutar do concello.
A actividade en principio está prevista para idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos e convén apuntarse porque hai límite de 60 prazas e será en horario de 10.00 a 14.00 horas.
Os pais ou rapaces que estean interesados en inscribirse poden facelo na casa do Concello ou chamando ao teléfono 982 342 277, ata o 10 de xullo.
O campamento de dúas semanas ten un prezo de 30 euros para empadroados no Concello e 70 para os que no o estean. No caso de asistir durante as 4 semanas o prezo será de 50 euros para empadroados e 100 euros para os que non o estean.