Volve a Ruta das Tapas de Foz

Foz
AMariñaXa
Do 14 ao 16 de abril terá lugar a XVIII Ruta das Tapas de Foz, que organiza AciaFozCCA. Dez locais hostaleiros
acia Foz ruta das tapas 2022
8 Abr 2022

Do 14 ao 16 de abril terá lugar a XVIII Ruta das Tapas de Foz, que organiza AciaFozCCA. Dez locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións en miniatura en horario de mediodía e noite, de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo da tapa será de 2 euros.

Os participantes na cita gastronómica desta Semana Santa son Anduriña, A Rambla-Pachán, Augas Santas, Dandy, Espacio Machete, Happy Days, Namarinos, O Pelolo, O Tangarte e Xoyma. 

Anduriña servirá piruleta de tenreira galega en tempura sobre queixo de San Simón e redución de viño Mencía; na Rambla-Pachán poderase saborear salpicón de pescada; en Augas Santas albóndega de tenreira á cervexa negra con boniato; en Dandy hojaldre de carrilleira; en Espacio Machete poderase degustar brioche 2.2; en Happy Days pemento recheo de bacallao; en Namarinos niño de bacallau con guacamole e crocante de cebola; no Pelolo ovo de paspallás a baixa temperatura con escuma de pataca, faragullas e boleto; no Tangarte servirán bacallau con bechamel e cebola caramelizada e en Xoyma maristojo de marisco en trampantojo.

O evento foi presentado polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, que estivo acompañado polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Cultura, Inés López. 

Paleo sinalou que “puidemos organizar a décimo oitava edición da Ruta das Tapas de Foz, que é un clásico da Semana Santa na nosa vila e na Mariña. As expectativas para estas datas son bastante boas, polo que agardamos que sexan moitos e moitas os que nos visiten nestas datas para disfrutar da nosa gastronomía, das nosas paisaxes, dos nosos monumentos. Aquí temos moito que ofrecer e os turistas teñen moito por descubrir”. O presidente de AciaFozCCA animou “a achegarse á hostalería local para degustar as preparacións elaboradas para a Ruta das Tapas. Seguro que, un ano máis, se van sorprender”. 

AciaFozCCA conta coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia para a organización da XVIII Ruta das Tapas. 

0.10066103935242