Volve a Ruta das Tapas da Pontenova

AMariñaXa
A localidade pontenovesa ofrece unha nova edición da súa ruta de tapeo, os días 25 e 26, en numerosos establecementos hostaleiros
ruta tapas pontenova 2022 1
23 Nov 2022

A localidade pontenovesa ofrece unha nova edición da súa ruta de tapeo, os días 25 e 26 de novembro, en numerosos establecementos hostaleiros que as servirán de 20.00 a 23.00 horas.

Cada tapa custará 2 euros e tanto os bares coma os clientes poderán ter premio. O primeiro poderá gañar 150 euros, o segundo 100 euros e o terceiro 50.

O sorteo terá lugar o día 26 ás 01.00 no bar Rony entre todas as tarxetas que estean selladas completamente.

O Concello da Pontenova organiza esta cita na que participan O Lar de Balbina, o bar da Casa da Cultura, Bar Puente, Lennon, Rony e San Briz.

ruta tapas pontenova 2022
0.17076110839844