Boimente, en Viveiro, prepara unha nova edición da Rapa das Bestas

AMariñaXa
Será de novo no Curro de Candaoso e comezará o sábado á tarde coa actuación do trío Zafiro e da disco móbil Conxuro
Imaxe dun cabalo
4 Xul 2024

Boimente, en Viveiro, celebra unha nova edición da Feira e Festa Rapa das Bestas, declarada de Interese Turístico. Será de novo no Curro de Candaoso e comezará o sábado á tarde coa actuación do trío Zafiro e da disco móbil Conxuro. O domingo terá lugar a feira de gando cabalar a partir das 10.00 horas coa baixada do gando e peche do curro.

Entre as 10.00 e as 12.00 horas terán lugar as inscricións para as competición e medición dos cabalos no circuíto das carreiras. Os asistentes tamén poderán gozar de sesión vermú con Zafiro e xa pola tarde, a partir das 16.00 horas, Terán lugar as carreiras e competicións.

0.18982100486755