Volve a Ourol o programa Xuntos polo Nadal

AMariñaXa
Volve un ano máis o programa Xuntos polo Nadal, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas
xuntos polo nadal ourol 2022 1
19 Nov 2022

Volve un ano máis o programa Xuntos polo Nadal, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia comprende a estancia nunha residencia durante 8 días (7 noites), aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa (no suposto de existir dispoñibilidade en habitacións individuais serán asignadas con preferencia aos participantes de maior idade).

Inclúe ademais o desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa e actividades de animación sociocultural.

Levarase a cabo en dúas quendas, a primeira entre o 23 e o 30 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro, e poderán beneficiarse aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos: ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes; estar empadroado nalgún concello galego; vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal; valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía, e estar vacinado frente a COVID-19 segundo o calendario sanitario vixente.

Para a selección dos participantes daráselles preferencias ás persoas que perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa convivisen nos últimos anos, que teñan máis idade e que non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.

O prazo de presentación de solicitudes, que deben acompañarse do informe social e da declaración responsable, remata o 28 de novembro de 2021. 

En todo caso, poden solicitar máis información ou resolver calquera dúbida no departamento de Servizos Sociais dos concellos.

xuntos polo nadal ourol 2022
0.21397519111633