Volve a Mostra Folklórica Internacional de Viveiro

AMariñaXa
Dende a Asociación Bágoas da Terra informan dos preparativos da XLII Mostra Folklórica Internacional de Viveiro
23 Xul 2022

Dende a Asociación Bágoas da Terra informan dos preparativos da XLII Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, que este ano se retoma do 1 ao 8 de agosto e sendo os días fortes entre o xoves 4 e o domingo 7.

Así, tras dous anos de parada obrigatoria pola pandemia, despois de celebrarse ininterrompidamente dende o ano 1979, chega a 42 edición dun Festival punteiro de recoñecemento Internacional pertencente a CIOFF integrada na ONU-UNESCO do que Bágoas da Terra e Viveiro senten orgullo.

Bágoas da Terra volta con forza na organización desta edición da Mostra que incluirá dúas exposicións moi interesantes relacionadas co Camiño de Santiago, unha delas denominada A Memoria do Son ca réplica dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, na que por medio de códigos QR poderase escoitar cada un dos antigos instrumentos. O que será unha actividade adicional nas diferentes xornadas, como a Mostra Infantil, Concerto de Música Folk, Desfile das Nacións e Recepción cas Autoridades, un espectáculo especial o sábado 6 á noite así como a Gran Gala Internacional do domingo 7 de agosto.

Estes días previos Bágoas da Terra continúa con moita actividade cos ensaios intensivos para a Gala Internacional, con especial atención, ademais do seu repertorio tradicional recollido por diversas áreas de Galicia, á Danza do Xacobeo que recollida polo coreógrafo Juanjo Linares deixou en exclusiva para a Asociación.

0.1754310131073