Volve á Mariña o festival de música clásica Bal y Gay
A Mariña poderá gozar da música clásica na nova convocatoria do festival Bal y Gay, que se celebrará do 8 ao 23 de agosto. Este ano programan 12 concertos de recoñecidos artistas internacionais en espazos emblemáticos da Mariña.
O festival nace en 2014 como unha iniciativa da Asociación Xesús Bal y Gay para achegar a música clásica de calidade a unha contorna onde a accesibilidade a esta era moi limitada. Desde entón, intérpretes do momento reúnense na Mariña na segunda quincena de agosto para promover a formación musical, así como para vivir experiencias artísticas onde a música comparte protagonismo coa historia, o patrimonio arquitectónico da zona, a paisaxe ou a gastronomía.
Un proxecto que non só enriquecerá culturalmente a poboación se non que provocará unha afluencia turística que dotará á provincia de maior visibilidade e repercusión. Despois de sete edicións, o Festival Bal y Gay consolídase como un Festival de referencia en Galicia tanto a nivel de público como de prensa, grazas a un cartel de artistas de primeiro nivel