Volve a III Xuntanza de Coches Clásicos de Ourol
Os Aturuxeiros de Bravos en colaboración co Concello de Ourol organizan a III Xuntanza de Coches Clásicos o 2 de abril, unha cita aprazada pola pandemia no 2020.
A reunión terá lugar no Salón Multiusos de Ourol ás 10.00 horas coa recepción de coches e ás 11.30 será o paseo turístico que rematará ás 12.00 coa sesión Vermut a Cargo de Verónica Cambón.
Xa ao mediodía, haberá un xantar servido por Seiramar Eventos, que ten un prezo de 30 euros socios e 35 os que non o sexan.
Pola tarde os xogos e competicións colleran as rendas da festa, para despois desfutar dunha gran pancetada ás 20.00 horas que terá un prezo de 8 euros por ración e para a que haberá que recoller o ticket ao longo da xornada.
Tamén contarán co sorteo e a entrega de premios ao coche máis antigo, máis lonxano, e ao mellor restaurado.
Para máis información será necesario chamar aos teléfonos 689 229 951 e 605 088 719.