Volve a Gala do emprendemento local de Xove

AMariñaXa
O vindeiro venres 16 de decembro celébrase en Xove a IV Gala do emprendemento local organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
concello xove casa consistorial
concello xove casa consistorial
12 Dec 2022

O vindeiro venres 16 de decembro celébrase en Xove a IV Gala do emprendemento local organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Esta cita faise co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local. Será no salón de actos municipal ás 20.30 e contará coa interpretación musical de Guadi Galego.

A gala abrirase coa presentación do alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa e nela  intervirán Rosa Lage Canoura da AEDL, Ignacio Rodríguez Basanta de Evox Vertical, e Andrea González Río, de Topic Gaia.

Para asistir á a este evento non é necesario reservar entrada pois o acto é libre e de balde.

gala emprendemento xove 2022
0.18642401695251