Volve a Cervo o Festival Folklórico Internacional e Infantil

AMariñaXa
Trátase dunha cita posta en marcha polo Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local
Festival-Folklórico-Mistura
12 Jul 2024

O Concello de Cervo comeza o mes de agosto co Festival Folklórico Internacional e Infantil que se celebrará en San Cibrao, na Praza dos Campos, o 2 e o 3 de agosto, da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local. A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados de varios compoñentes de Mistura.

Así, o venres 2 de agosto, terá lugar o Festival Internacional que arrincará ás 20:00 horas coa participación do Grupo Folklórico “Naz” (Kazajistan), a Compañía Nacional de México (da mestra Mari Nieves Panyagua), Grupos Coros y Danzas San Antón de la Peña La Zaranda (Murcia) e rematará coa actuación do anfitrión, o Grupo Folklórico Mistura.

Xa o sábado, 3 de agosto, será a quenda dos máis pequenos a partir das 19.00 horas actuarán o Grupo Abrente de Bágoas da Terra (Viveiro), a Asociación Cultural Saíñas (Xove) e rematará a sección infantil do Grupo Organizador, Mistura. O venres sortearanse dás cestas ao remate do festiva, e o sábado haberá un sorteo de 500 euros. A alcaldesa, quixo “felicitar ao Grupo Folklórico Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, achegando, ademais o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é”.

Caramés animou a veciños e visitantes a que participen nesta actividade e asistan a ver un espectáculo “que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións de aquí e de fóra, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer”.

0.19264388084412